PARA DÚO: Escenario:

A colocación no escenario é extremadamente sinxela por tratarse de só dous músicos e dous instrumentos. Basta un escenario de 2x2x2 e altura mínima de 2 metros en caso de que se empregue o equipo BOSE dos músicos, que é bastante alto. Un exemplo de colocación sería  o pianista á esquerda do escenario, en posición lateral con respecto ó público. Frente a el, o piano; ó seu lado dereito (onde está o público) o harmonio sobre unha mesiña. No medio do escenario, a cantante. A cuña no medio dos dous músicos. Se hai dúas, o máis perto posible dos músicos. 

Piano:

Se hai piano acústico na sala, debe estar perfectamente afinado. O emprego dun piano acústico mellora notablemente o concerto, pero so se está en prefecto estado. Ante a máis mínima dúbida, debe ser comunicado ós músicos para decidiren se é mellor optar polo seu piano electrónico.

 Se en cambio a sala conta cun piano electrónico, debe ser de calidade similar a Yamaha CP 33 (piano electrónico profesional). Se é de calidade inferior, o grupo prefire empregar o propio.

Micros:

É preciso 1 micro para amplificar o harmonio. Basta cun micro de calidade media típico de instrumento ou micro normal tipo Shure Beta 85. A cantante prefire levar o seu propio micro e isto non repercute no prezo do concerto.

Amplificación e conexión eléctrica:

É sinxela, dado que non se precisa máis que amplificar dous instrumentos e voz. Polo tanto, dous altavoces de boa calidade e en bo estado (é importante que o son sexa de boa calidade). Unha cuña para os músicos se están perto o un do outro no escenario. Se o escenario fose grande e os músicos están separados, é precisa unha cuña para cada un deles. Unha mesa de mesturas coas entradas suficientes: 2 para o piano (jack), 1 para a cantante (cannon), 1 para o micro do harmonio (o noso é cannon). E logo as conexións para altavoces e cuña(s).

Se a toma de corrente está lonxe do escenario, a sala proporcionará un alargador suficiente. É necesaria unha zapata de tres tomas de corrente.

Iluminación:

A iluminación non ten necesidades particulares, pero é mellor se crea un ambiente íntimo, tanto no escenario como no público. Se o escenario está pobremente iluminado, débese comunicar con tempo para que os músicos leven luces para os atrís.

Acceso á sala para as probas:

É indispensable que os músicos poidan acceder á sala 2 horas antes como mínimo para facer as probas audio.

Outras necesidades:

Son precisos 2 pes de micro e 2 taburetes. Se é posible, un taburete alto para a cantante e un normal para o pianista (este necesariamente sen brazos nen respaldo). Mesiña para o harmonio de altura de uns 50 cm (mín.) Medidas aprox. 50cmX50 cm.

Proporcionaráse auga ós músicos antes e durante o concerto.

Camerino:

Non é imprescindible a existencia dun verdadeiro camerino, pero sí un espacio onde a cantante se poida cambiar e maquillar (cuarto con espello normal, ou baño). Se isto non é posible polas características do lugar, débese comunicar con tempo para que os músicos poidan buscar unha solución alternativa. 

 Rider para formación de cuarteto

rider cuarteto 2nafronteira

Piano, harmonio e voz, igual que no rider anterior.

VIOLÍN E VIOLA DE TECLAS (NYCKELHARPA).

Microfonía:dous micros de pinza, para facilitar o cambio de instrumento. Cando toca o violín, non toca a viola de teclas.Posibilidade de levar os do instrumentista “MICRÓFONOS DE CONDENSADOR CARDIOIDE DE PINZA PARA INSTRUMENTOS PRO 35 audio-technica”. Conector de saída: integral de 3 pines tipo XLRM. 

PERCUSIÓNS: dependendo do tamaño do espacio, será preciso un ou dous micros ambiente para amplificar lixeiramente a percusión. Micro similar ó que pedimos para harmonio. 

PARA TODOS OS MÚSICOS:

Amplificación e conexión eléctrica:

Unha cuña para cada músico ou para cada dous se o escenario é pequeño e están perto o un do outro.

Unha mesa de mesturas coas entradas suficientes para todos os músicos.

Tres taburetes sen brazos.

Catro atrís.

Os pés de micro para todos os micros.

Un espazo reservado ou camerino onde cambiarse, con espello, e onde poder deixar os obxectos persoais e as fundas dos instrumentos.

ILUMINACIÓN

Non hai necesidades particulares neste espectáculo concreto. Se ben, queda moi ben en caso de que se lean pasaxes de Castelao por parte dun estudante ou actor, que se ilumine só a esta persoa quedando o resto do escenario ás escuras. O mesmo na canción “Nana de ausencia”, que Carmen interpreta soa.

Dado o tipo de música, prefírese que a platea estea lixeiramente iluminada pero non en absoluta oscuridade, para facilitar a comunicación co público en determinados momentos. No escenario é preferible que non haxa excesivos cambios de cores e movemento nas luces. E se os hai, que sexan sobrios e lentos.

PROXECCIÓNS

Ás veces pódense empregar proxeccións; precisaríase o necesario: pantalla e PC auxiliar.

Calquera dúbida ou aclaración, poden contactar os músicos. Tamén para acordar exactamente qué aportan os músicos e qué aporta o auditorio.

Se hai algunha particularidade no acceso con coche ó auditorio, como onde aparcar, cal é a mellor rúa para quedar pertos do acceso ó escenario...e se hai moitos metros ou escaleiras ata chegar ó escenario, agradecemos sabelo de antemán para prever cómo levar os instrumentos pesados.

Moitas grazas e ata pronto!