redx eu arriba 

Carmen Penim naceu en Covas (Os Blancos) unha pequena aldea arraiana da provincia de Ourense.

Os primeiros anos pasounos na aldea do seu pai, Meaus, que pertence ó antigo Couto Mixto. Por estas dúas aldeas sinte unha particular devoción. Canción para o Couto Mixto . Como din na aldea "E tu de quen ves sendo? Neta do Genebrando de Covas e da María da Aira de Meaus. Filla do Gerardo e a Sinda, os que botaron 30 anos en Holanda. 

Filla da emigración, pasa a infancia en Holanda. Regresa e estuda Filoloxía Hispánica en Santiago. Anos máis tarde fará un doctorado na Uned en Didáctica das linguas, pois é tamén profesora de lingua castelá e literatura.

 

Entre o 2007 e o 2013 vive e traballa en Italia, onde estuda canto (lírica e jazz) e forma dúo co seu actual pianista Maurizio Polsinelli.

Canta e escribe dende que ten memoria. No 2010 publica o seu primeiro poemario "Cambio versos por champán".

Dunha notable creatividade, compón as músicas e as letras de 2naFronteira que  arranxa Maurizio. A súa maneira de interpretar é como a súa maneira de vivir: apaixonada.   Dende o 97 está establecida en Moaña, na Ría de Vigo.

 

O seu proxecto en construción na actualidade é HERDEIRAS: un traballo musical, poético e audiovisual que conta con colaboradoras ligadas á Memoria Histórica da muller. Previsto o lanzamento para a primavera do 2017.

 

 

CM 10 copia